Centros da Axencia

Dende o 1 de xaneiro de 2014 a Axencia Galega de Innovación conta cun centro de innovación e servizos propio: o CIS Tecnoloxía e Deseño situado en Ferrol.

Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño

Creado en 1995, o CIS Tecnoloxía e Deseño nace coa finalidade de achegar coñecemento, innovación, deseño e tecnoloxía para promover a xeración de valor engadido e incrementar a competitividade do texido empresarial de Galicia.

Dende entón mantense en constante evolución afianzándose como un centro de apoio e colaboración para todos os axentes do ecosistema de I+D+i de Galicia.

Sitio web do CIS Tecnoloxía e Deseño