Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015
Consellería de economía e industria

Presentación

Galicia definiu a súa Estratexia de Especialización Intelixente para o periodo 2014-2020 (en adiante, Estratexia RIS3 Galicia) a través dun proceso participativo, coordinado pola Axencia Galega de Innovación, no que interviron todos os axentes do Sistema Galego de Innovación, dende os distintos departamentos da propia administración autonómica até a cidadanía, pasando por outras institucións e axentes económicos e sociais.

Este proceso responde a unha esixencia da Comisión Europea, cara as rexións e os Estados membros que desexen optar a fondos estruturais no periodo 2014-2020, de identificar as áreas de especialización susceptibles de recibir financiamento comunitario para a realización de proxectos de I+D, innovación e TIC. Este cambio de paradigma na xeración das políticas de innovación a escala europea responde á necesidade de facer un uso eficiente dos recursos, máxime no contexto de crise económica actual, en aras a acadar un crecemento intelixente, sostible e integrador, convertendo a innovación nunha prioridade para toda Europa.

Para iso, Galicia partiu da elaboración dunha diagnose do potencial de desenvolvemento de Galicia, que se materializou na formulación duns retos concretos e dunha proposta detallada de prioridades acadables mediante a definición dun plan de acción coherente.

O 25 de marzo de 2014 presentouse publicamente a estratexia de especialización intelixente RIS3 Galicia coa intervención do comisario europeo de Política Rexional, Johannes Hahn, a secretaria de estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía y Competitividad, Carmen Vela, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, e o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde López.

Pode consultar o resultado deste proceso de planificación intelixente e participativa neste documento que recolle o contido fundamental da Estratexia RIS3 Galicia

Retos

Axudas e financiamento

Financiamento
Atopa o financiamento que necesitas para os teus proxectos
Percorre os programas de financiamento publico que mellor se axeiten os teus proxectos

Crecemento, valorización e xestión do talento

Crecemento, valorización e xestión do talento
A innovacion e unha panca fundamental para o crecemento
Xestionar o talento e fundamental para consolidar o sistema, garantir o desenvolvemento e a competitividade economica

Innovación aberta: Atopa os teus socios galegos

Innovación aberta
Acelera os teus procesos de innovacion
As dinamicas de innovacion aberta desenvolven a relacion entre empresas, melloran os resultados, e favorencen crecemento

Boas practicas na innovación galega

Boas practicas na innnovación galega
Potenciar unha cultura de innovacion eficiente
Proxectar a investigacion e a sua valorizacion, e a innovacion como responsabilidade social corporativa

Novas

Twitter
Ministerio de economía y competitividad Unión Europea