Programa Ignicia - Transferencia de coñecemento

O Programa Ignicia Transferencia de coñecemento agrupa as diferentes actuacións que a Axencia Galega de Innovación desenvolve, en colaboración coa Fundación Barrié, para promover a transferencia de resultados da I+D xerada nos nosos centros de coñecemento cara ao tecido produtivo. O obxectivo é contribuír a facer rendible, económica e socialmente, o investimento público en investigación.

Os indicadores da última década sobre publicación científicas de calidade, impacto, colaboración internacional ou captación de recursos avalan a excelencia da ciencia realizada en Galicia.

Transformar de maneira eficaz todo ese potencial investigador en innovación é un reto prioritario para as entidades promotoras da iniciativa. Para logralo desenvólvense instrumentos de apoio ao proceso de valorización e transferencia e impulsamos o fortalecemento das capacidades do Sistema Galego de Innovación, a través das seguintes accións: