Consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento

Programa: Consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento
Data de publicación no DOG: 16/02/2021
Prazo de presentación de solicitudes: 17/02/2021 – 16/03/2021
Códigos dos procedementos:

  • IN607A: Modalidade A – Grupos de referencia competitiva (GRC)
  • IN607B: Modalidade B – Grupos con potencial de crecemento (GPC)
  • IN607D: Modalidade C – Proxectos de excelencia

Cal é o obxecto destas axudas?

Axudas para consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema galego de I+D+i mediante as seguintes modalidades:

  • Modalidade A: Grupos de referencia competitiva ( GRC ). Axudas para a consolidación de grupos de investigación que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D constitúan unha referencia no Sistema galego de I+D+i.
  • Modalidade B: Grupos con potencial de crecemento ( GPC ). Axudas para a consolidación de grupos de investigación que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D amosan potencial de crecemento ata converterse en grupos de referencia do sistema de I+D+i galego.
  • Modalidade C: Proxectos de excelencia. Axudas para a realización de proxectos de investigación a investigadores ou investigadoras individuais que, contando cunha traxectoria excelente consolidada ou en formación, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto fundamentalmente nos ámbitos nacional e internacional.

Quen pode solicitar estas axudas?

As universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) presentarán a súa solicitude ante a Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Os organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos e Fundación Biomédica Galicia Sur), os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia que presentarán a súa solicitude ante GAIN.

Tipo e intensidade das axudas

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido.
  • Intensidade da axuda: 100 %.
  • Orzamento total: 23.879.616,00 € (Secretaría Xeral de Universidades – 19.859.616,00 € / Gain 4.020.000,00€).

Importe das axudas

O importe máximo das axudas concedidas será o seguinte:

  • Modalidade A (GRC) : O importe global da axuda distribuirase en catro anualidades e virá determinado por un módulo estrutural anual composto dun fixo de 25.000 € máis un variable máximo de 25.000 € tendo en conta os ingresos medios do grupo, e un módulo variable anual, dun máximo de 50.000 € (20.000, 30.000, 50.000 €), acumulable o anterior, en función dos ingresos anuais medios do grupo no período comprendido desde o 1 de xaneiro de 2018 ao 31 de decembro de 2020.
  • Modalidade B (GPC) : As axudas serán de aplicación por un período de 3 anualidades, mediante o pagamento dunha contía máxima de 20.000 € na primeira e de 35.000 € na segunda e terceira.
  • Modalidade C: Proxectos de excelencia – Liña de traxectoria investigadora consolidada. No caso dos proxectos que se acollan á liña de traxectoria investigadora consolidada, as axudas serán de aplicación por un período de ata 4 anualidades, mediante o pagamento anual á institución á que pertenza a persoa que lidere o proxecto dunha contía máxima anual de 50.000 €. No caso dos proxectos que se acollan á liña de traxectoria investigadora emerxente, as axudas serán de aplicación por un período máximo de ata 5 anualidades, mediante o pagamento anual á institución á que pertenza a persoa que lidere o proxecto dunha contía máxima anual de 15.000 € para o ano 2021 e de 25.000 € para os anos 2022, 2023, 2024 e 2025.

A onde acudir?

  • Para as solicitudes presentadas polas universidades do SUG:
Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Secretaría Xeral de Universidades
Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria
Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación
San Caetano, s/n 15781
Santiago de Compostela
Teléfonos: 881999541 / 881995156
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal

  • Para as entidades alleas ao SUG:
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
Axencia Galega de Innovación
Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela
Teléfono: 981541096
Email: xestion.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal

Documentación e ligazóns