Metodoloxía para a avaliación preliminar dos resultados da I+D xerados polos axentes do Sistema Galego de Innovación

Manual de avaliación do potencial comercial de resultados de I+D

Este manual describe un procedemento para revisar unha serie de características do coñecemento científico-tecnolóxico ao saír do laboratorio. O obxectivo é determinar de maneira preliminar o seu potencial comercial, así como os seguintes pasos a seguir con vistas á súa valorización e explotación.

O procedemento, que foi probado con casos reais nos centros tecnolóxicos e universidades do SUG, está deseñado para ser facilmente aplicable polas unidades de transferencia, o que lles permite:

  • Despexar incertezas sobre as posibilidades de transferencia dunha tecnoloxía sen necesidade de recorrer a custosos procesos de avaliación.
  • Priorizar a asignación de recursos a procesos de valorización.
  • Seleccionar rapidamente tecnoloxías que reúnan as condicións máis axeitadas para optar a servizos de apoio ou incentivos para a recuperación (aceleradores de transferencia, programas de proba de concepto, programas de servizos de recuperación, etc.).
  • Xerar unha carteira de tecnoloxías clasificadas segundo o seu potencial comercial.

O manual acompáñase dun aplicativo que proporciona un soporte adicional ao procedemento descrito no manual cunha dobre utilidade:

  • Facilitar o rexistro das avaliacións realizadas, unha vez completado o proceso de caracterización comercial.
  • Proporcionar a información de conxunto sobre o potencial comercial da carteira de resultados da I+D+i.

Documentación e enlaces

Para a realización de consultas sobre a súa aplicación programacion.centros.gain@xunta.gal




Acción piloto para a avaliación de potencial comercial de materiais innovadores

Dentro do Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento púxose en marcha una iniciativa de avaliación de potencial comercial de materiais innovadores, en colaboración coa Materioteca de Galicia. O obxectivo desta avaliación é proporcionar un servizo de consultoría para determinar as posibilidades comerciais dos materiais no seu TRL actual e fixar unha folla de ruta para avanzar na súa transferencia ao mercado. Para levar a cabo esta acción, estase a utilizar a metodoloxía de avaliación de resultados de I+D que foi desenvolvida no manual de aplicación publicado tamén no marco do Programa Ignicia.




Curso online: “Avaliación de carteira tecnolóxica. Modelo de prescreening tecnolóxico”

O curso trata sobre o modelo de prescreening de tecnoloxías desenvolto no marco do Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, como paso para a súa posible implantación dentro dos procesos de valorización de tecnoloxías.

Esta acción formativa, de carácter gratuíta, está dirixida a persoal que desenvolva funcións de xestión de transferencia en centros de coñecemento do Sistema Galego de I+D que conten con resultados científico-tecnolóxicos para valorizar.

O programa abrangue unha formación teórica de 3 horas de duración, e catro sesións de asesorías individualizadas de 1 hora de duración cada unha sobre a aplicación a un caso concreto do modelo explicado na sesión teórica. As datas e o horario das asesorías individualizadas planificaranse con cada unha das persoas asistentes. O caso concreto (resultado científico-tecnolóxico) será aportado polo alumno/a. En decembro de 2021 impartiuse unha edición deste curso co seguinte programa.

Máis información

  • No enderezo electrónico programacion.centros.gain@xunta.gal
  • No teléfono 981 957 012