DeseñaPeme

Programa: DeseñaPeme 2021. Axudas á incorporación do deseño en pemes e microempresas galegas como ferramenta de innovación e sustentabilidade
Data de publicación DOG: 02/07/2021
Código del procedemento: IN848E
Prazo de presentación de solicitudes: ata 02/08/2021
Eido estratéxico: RIS3 – Programa PEME INNOVA. Apoio a pemes innovadoras



Que son as axudas DeseñaPeme?

Son axudas para a mellora da capacidade de innovación e sustentabilidade nas empresas galegas mediante a incorporación do deseño estratéxico de produtos, servizos, experiencias e marcas-identidade corporativa.

Modalidades
Nestas axudas diferéncianse tres ámbitos do deseño segundo o tipo de proxecto a poñer en marcha nas empresas beneficiarias:

  • Deseño de produto: concepción e desenvolvemento de produtos novos ou, no caso de redeseño dos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial.
    • Duración mínima do proxecto: 12 meses.
    • Posibilidade de integrar no proxecto:
      • Deseño circular para conseguir novos produtos sustentables.
      • Deseño dixital, sempre que estea asociado ao produto.
      • Deseño de identidade, é dicir, elementos de identidade gráfica, envase, embalaxe e comunicación ligados ao produto.
  • Deseño de servizos e experiencias: concepción e desenvolvemento de servizos e experiencias novos ou, no caso de redeseño dos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial desde o punto de vista estético, funcional, técnico/produtivo e económico.
    • Duración mínima do proxecto: 12 meses.
    • Posibilidade de integrar no proxecto:
      • Deseño dixital, sempre que estea asociado ao novo servizo ou experiencia.
      • Deseño de identidade, é dicir, elementos de identidade gráfica e comunicación ligados ao servizo ou experiencia.
  • Deseño de marca e identidade corporativa: formulación de proxectos de identidade corporativa e marca, con especial atención á representación de valores sustentables e innovadores.
    • Duración mínima do proxecto: 6 meses.
    • Posibilidade de integrar no proxecto:
      • Traballos de deseño gráfico, identidade visual, packaging, creación de soportes dixitais e outros, necesarios para configurar a estratexia de branding coa que a empresa proxecta a súa estratexia cara ás persoas e o mercado.

Tipo e intensidade da axuda

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
  • Tipo de axuda: Subvención a fondo perdido.
  • Incentivo: 50% dos custos de implementación incluídos no “Proxecto de Deseño para a Innovación e Sustentabilidade” que introducirá unha serie de actividades pensadas para constituír un conxunto completo e homoxéneo de fases que permita implementar ou incrementar as capacidades de deseño da empresa solicitante. (Axudas entre 5.000€ e 100.000€).
  • Orzamento total: 1.500.000 €.

Quen pode solicitar estas axudas?
As axudas deste programa poderán ser solicitadas por:

  • Microempresas, pequenas e medianas empresas individuais, de acordo coas definicións do Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.
  • Domicilio social ou centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda.
  • Ver condicións específicas da axuda en gastos subvencionables no apartado “Documentación”.

Documentación e ligazóns

Documentación para a xustificación da anualidade 2021

Xustificación económica

Xustificación técnica

Publicidade

Preguntas frecuentes

1. Pódese solicitar anticipo?

Si, pódese solicitar anticipo:
Anticipo anualidade 2021: poderase solicitar un anticipo do 50% do importe total concedido para esa anualidade. O prazo é de 10 días hábiles contados desde o seguinte da publicación da resolución da concesión.
Anticipo anualidade 2022: poderase solicitar ata un 50% do importe concedido para esa anualidade, sempre que, conxuntamente cos pagamentos realizados ata ese momento non superen o 80% da porcentaxe subvencionada. O prazo será de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao pagamento da anualidade 2021.


2. Que tipoloxías de custo de persoal se poden imputar?


Pódense imputar custos de persoal propio, polo tempo dedicado exclusivamente ao plan (senón fose ao 100% deberá xustificarse na memoria da solicitude da axuda). Só no caso das micropemes poderanse imputar custos de persoal directivo ou xerencial como máximo ata o 30% de dedicación.
O persoal de nova contratación, deberá dedicarse o 100% ao plan de innovación.


Webinario Axudas DeseñaPeme (xullo 2021)

Contacto

  • Área de Centros da Axencia Galega de Innovación
  • programadeseno.gain@xunta.gal
  • +34 881 999 120