“Camiño da Innovación” é unha actuación da Xunta de Galicia que poñerá en marcha un servizo de atención ás pemes e unha exposición itinerante por todo o territorio galego para difundir a necesidade e oportunidade de crecer a través da innovación como único camiño para a competitividade.
A actuación contará con 18 etapas a desenvolverse en concellos das catro provincias galegas e estarán abertas en horario de 9 a 18 horas. En cada unha delas poderase solicitar, previa inscrición, asesoramentos con técnicos da Axencia Galega de Innovación para analizar as oportunidades de innovación e como desenvolvela a través de ferramentas que funcionan noutras empresas similares.
Para solicitar un asesoramento en calquera dos concellos previstos, accede aquí ao formulario de solicitude.
Día | Data | Concello | Ubicación do tráiler | Emprazamento do encontro | Hora do encontro con pemes |
---|---|---|---|---|---|
Vi | 05/11/2021 | Vilalba | Praza da Constitución | Sala na Casa da Cultura | 9:30-11:00 |
Lu | 08/11/2021 | Cervo | Praza do Concello | Salón de actos do Concello | 12:30-14:00 |
Ma | 09/11/2021 | As Pontes de García Rodríguez | Praza da Igrexa | Salón no Concello | 13:00-14:00 |
Mi | 10/11/2021 | Bergondo | Polígono Industrial | Sala recinto xerencia do polígono | 16:00-17:30 |
Ju | 11/11/2021 | Ordes | Alameda (fronte Concello) | Sala no Concello | 17:00-18:30 |
Lu | 15/11/2021 | Caldas de Reis | Praza Camiño Portugués | Sala na oficina de turismo | 16:00-17:30 |
Ma | 16/11/2021 | Santa Comba | Campo da feira – Fronte Casa da Cultura | Sala na Casa da Cultura | 12:00-14:00 |
Mi | 17/11/2021 | A Estrada | Praza do Concello | Biblioteca Municipal | 12:00-13:30 |
Ju | 18/11/2021 | Ponte Caldelas | Chan da Barcia xunto a ponte | Sala Centro cultura (Biblioteca) | 12:00-14:00 |
Lu | 22/11/2021 | Salvaterra de Miño | Rúa de Galicia fronte ao Concello | Sala no Concello | 12:00-13:30 |
Ma | 23/11/2021 | Ribadavia | Rúa San Lázaro frente ao Monumento á Constitución | Casa da Cultura | 9:30-11:00 |
Mi | 24/11/2021 | San Cibrao das Viñas | Tecnópole | Salón de actos Tecnópole | 12:00-13:30 |
Ju | 25/11/2021 | Xinzo da Limia | Praza Carlos Casares | Sala en Casa da Cultura | 11:00-13:00 |
Lu | 29/11/2021 | A Veiga | Campo da Feira | Centro de desenvolvemento agroforestal (xunto ao Concello) | 12:00-13:30 |
Ma | 30/11/2021 | Monforte | Praza da Compañía | Colexio Escolapios | 9:30-11:00 |
Mi | 01/12/2021 | Chantada | Praza de Galicia | Auditorio municipal | 13:00-14:00 |
Ju | 02/12/2021 | Melide | Cantón de San Roque | Sala Casa da Cultura | 12:00-13:30 |
Ju | 09/12/2021 | Meira | Praza Maior | Sala no Concello | 10:00-11:30 |
Ademais, en cada concello terá lugar un encontro no que se darán a coñecer casos de éxito de empresas que están a competir en mercados internacionais e que son exemplos de que a innovación se pode aplicar en calquera sector e tipoloxía de empresa ( microempresa, pequena e mediana).