Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral

Programa: Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral
Data de publicación DOG: 31/01/2022
Código do procedemento: IN606B
Prazo de presentación de solicitudes: do 01.02.2022 ao 28.02.2022

Cal é o obxecto destas axudas?

A finalidade do programa de axudas á etapa de formación posdoutoral é incrementar a incorporación de persoal investigador ao Sistema de I+D+i galego fomentando, na súa etapa inicial, a adquisición e perfeccionamento das habilidades propias do persoal investigador doutor, mediante contratos nos axentes que conforman o sistema e permitindo a súa mobilidade internacional para mellorar a súa formación e capacitación. Ademais, as entidades solicitantes poderán presentar a persoas investigadoras que opten a acadar a condición de bolseiras Fulbright.

Novidades desta convocatoria

  • Ao igual que na convocatoria anterior, a duración global da axuda segue a ser dun máximo de tres anos e as estadías se poderán desenvolver ao longo de todo o período.
  • A duración das estadías será dun mínimo de 12 meses e un máximo de 24 meses, que se poderán levar a cabo nun período de 12 meses ou máis de maneira continuada, ou en dous períodos de 12 meses cada un. As solicitudes das persoas candidatas a obteren a condición de bolseiras Fulbright terán que desenvolver un período mínimo de 12 meses de estadía en EUA.
  • Aumenta o importe anual en concepto de salario e de custos sociais.
  • Co fin de dar cumprimento á Lei 13/2021, do 20 de xullo, pola que se modifica o Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, para garantir a igualdade real entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación, nesta convocatoria introdúcense mecanismos correctores e obxectivos para evitar a discriminación e/ou penalización das mulleres, e tamén dos homes, en casos de maternidade, paternidade, garda con fins de adopción ou acollemento, risco durante o embarazo e/ou lactación e incapacidade temporal asociada ao embarazo ou por razóns de violencia de xénero ou calquera tipo de acoso.

Quen pode solicitar estas axudas?

  • A Axencia Galega de Innovación financia ás entidades alleas ao SUG: organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia.
  • A Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Universidade financia as universidades do Sistema Universitario de Galicia (en adiante, SUG).

Tipo e intensidade da axuda:

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido
  • Intensidade da axuda: 100 %
  • Duración das axudas: un máximo de 3 anos
  • Orzamento total: 7.420.500,00 euros (a achega por parte da Axencia Galega de Innovación será de 1.360.500,00 euros namentres a da Secretaría Xeral de Universidades será de 6.060.000,00 euros)

Número e importe das axudas

Poderanse conceder ata 49 axudas, coa seguinte distribución:

  • 40 para as universidades do SUG, das cales 10 poderán obter a condición de bolseiras Fulbright.
  • 9 para as demais entidades, das cales 2 poderán obter a condición de bolseiras Fulbright.

Os importes destas axudas son os seguintes:

  • 32.000 € brutos anuais en concepto de salario e de custos sociais
  • Un complemento por cada mes de estadía de:
    • 1.000 euros se o destino da estadía está en Portugal ou Andorra (zona 1)
    • 1.500 euros se o destino da estadía está en Europa (agás Portugal ou Andorra), África ou América, agás EUA e Canadá (zona 2)
    • 2.000 euros se o destino da estadía está en EUA, Canadá, Asia ou Oceanía (zona 3)
  • Un total de 500 euros brutos mensuais durante cada período de estadía en EUA para as solicitudes daquelas persoas investigadoras que acaden a condición de bolseiras Fulbright.
  • Un complemento a cada unha das entidades, que se establece en 1.500 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas.

A onde acudir?

  • Para solicitudes dos organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia e centros do CSIC radicados en Galicia:

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881999213 / 981543991
Email: axudas-rrhh-xestion.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal

  • Para solicitudes presentadas por universidades do Sistema Universitario de Galicia:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES
SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA UNIVERSITARIA
SERVIZO DE PLANIFICACIÓN E ESTRUTURACIÓN DA INVESTIGACIÓN
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881995152 / 881995157 Fax: 881999135
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal
Información web: http://www.edu.xunta.gal

Documentación e ligazóns

Documentación para a xustificación das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral [meses de xaneiro a decembro de 2023, ambos incluídos]