Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015
Consellería de economía e industria

Axudas

Dentro da aposta pola I+D+I e a valorización dos resultados do Sistema Galego de Innovación como fonte de vantaxes competitivas da economía galega, a AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN pon a disposición do tecido produtivo galego un completo conxunto de axudas.
Este sistema de incentivos configúrase como un catalizador para acelerar a aposta pola innovación como unha cuestión estratéxica, a través da diminución do risco inherente ó desenvolvemento de toda a actividade de I+D+I e do acercamento ás empresas do acceso á actividades estruturadas de innovación.

Os apoios da Axencia a través deste sistema de incentivos inclúen programas de axudas centrados:

  1. Na estimulación do crecemento empresarial a través da innovación:
    • tanto a través do apoio ó desenvolvemento de proxectos de innovación dende diferentes vías,
    • como á consolidación e mellora de entidades de apoio no proceso de xeración e posta en valor da I+D+i,
    • así como con axudas para investimentos empresariais innovadores que permitan materializar procesos de transferencia tecnolóxica.
  2. No fomento da propiedade industrial: Axudas ás empresas para a protección das invencións desenvolvidas en Galicia, así como para a protección dos deseños industriais creados polas empresas galegas ou para o rexistro de signos distintivos que vaian utilizar para a comercialización dos seus produtos.
  3. No apoio ós recursos humanos destinados a actividades de I+D+I: Ó consideralos un recurso esencial para a configuración dun Sistema Galego de Innovación de calidade orientado a valorización e transferencia de resultados que asegure a súa sostenibilidade.


Retos

Axudas e financiamento

Financiamento
Atopa o financiamento que necesitas para os teus proxectos
Percorre os programas de financiamento publico que mellor se axeiten os teus proxectos

Crecemento, valorización e xestión do talento

Crecemento, valorización e xestión do talento
A innovacion e unha panca fundamental para o crecemento
Xestionar o talento e fundamental para consolidar o sistema, garantir o desenvolvemento e a competitividade economica

Innovación aberta: Atopa os teus socios galegos

Innovación aberta
Acelera os teus procesos de innovacion
As dinamicas de innovacion aberta desenvolven a relacion entre empresas, melloran os resultados, e favorencen crecemento

Boas practicas na innovación galega

Boas practicas na innnovación galega
Potenciar unha cultura de innovacion eficiente
Proxectar a investigacion e a sua valorizacion, e a innovacion como responsabilidade social corporativa

Novas

Twitter
Ministerio de economía y competitividad Unión Europea