RIS3T

A Estratexia de Especialización Intelixente da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (RIS3T) é a primeira RIS transfronteiriza da UE.

O seu obxectivo é dinamizar a participación da Eurorrexión nas convocatorias europeas de cooperación interterritorial e constituír o marco para poñer en marcha accións e proxectos coordinados capaces de competir con maior éxito na captación de financiamento procedente do Programa Horizonte 2020.

A elaboración desta estratexia estivo coordinada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte (CCDRN) e nela participaron máis de 200 empresas e centros de coñecemento de ambas rexións.