25
Mar

ACTO DE PRESENTACIÓN PÚBLICA DA ESTRATEXIA DE ESPECIALIZACIÓN INTELIXENTE RIS3 GALICIA

Axencia Galega de Innovación

Engadir ao calendario

Data: Martes, 25 de marzo de 2014
Hora: 11:00h (Rexistro 10:00 a 10:45 horas)
Lugar: Auditorio Novagalicia Banco, Rúa do Preguntoiro, 23. Santiago de Compostela

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), presenta publicamente a súa Estratexia de Especialización Intelixente RIS3 Galicia, como estratexia que guiará a política de I+D+i da nosa comunidade no periodo 2014-2020 en aras a acadar un crecemento económico intelixente e sostible e que contará cun orzamento total de máis de 1.600 millóns de euros. No acto intervirán o comisario europeo de Política Rexional, Johannes Hahn, a secretaria de estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, do Ministerio de Economía y Competitividad, Carmen Vela, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Pode obter máis información sobre a RIS3 nesta páxina web
A asistencia ao acto está aberta a calquera persoa interesada, previa inscrición.

Programa do acto:

10:00-10:45.- Recepción de asistentes.

11:00-11:30.- Os tres grandes retos da RIS3 de Galicia (introdución e proxección de tres vídeos)

11:30-11:45.- Intervencións de Carmen Vela, secretaria de estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía y Competitividad, Johannes Hahn, comisario europeo de Política Rexional, e Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia