A Axencia Galega de Innovación (GAIN) organiza na cidade de Vigo a xornada “GAIN INFORMA INSTRUMENTOS DE APOIO A EMPRESAS: UNHA VISIÓN PRÁCTICA” en colaboración con INEO e a CEP

2013-07-09

A Axencia Galega de Innovación organiza en colaboración con INEO e a CEP unha xornada sobre o novo marco de instrumentos de apoio ás empresas na que se tratarán as novas convocatorias de axudas da Axencia para este ano 2013.

Datos da xornada:
Lugar: Confederación de Empresarios de Pontevedra, Avda. García Barbón 104 – 36201 Vigo
Data: 18 de xullo
Programa:
09:30 – 09:50 Introdución ao novo mapa de instrumentos de apoio á empresa da Axencia Galega de Innovación
09:50 – 11:30 Presentación das novas convocatorias: visión práctica.
Representante da Axencia Galega de Innovación

A xornada terá un carácter eminentemente práctico, no cal se presentarán as características das novas convocatorias da Axencia GAIN de apoio ás empresas a través de exemplos e se dará resposta ás dúbidas que puideran ter os asistentes.

Para asistir, é precisa a inscrición a través da seguinte ligazón: fundacioncalidade.org/InstrumentosApoioEmpresas-Vigo/inscricion.html

En caso de calquera dúbida, pode contactar a través do correo difusion.gain@xunta.es