O próximo día 24 celebrarase a Xornada “GAIN INFORMA programas de apoio as pemes mediante o fomento da cooperación público-privada: unha visión práctica” na que se presentarán as novas convocatorias da Axencia Galega de Innovación

2013-09-17
  • A Axencia Galega de Innovación organiza o próximo 24 de setembro na Tecnópole unha xornada sobre as novas convocatorias da Axencia Galega de Innovación.
  • Dita xornada será inaugurada polo director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela Rey e o director da Tecnópole, Ricardo Capilla Pueyo.
  • Ademais, esta xornada contará coa presenza dun representante do IGAPE que exporá as axudas para as PEMES das que dispón este organismo.

Datos da xornada:

Lugar: Salón de Actos da Tecnópole, San Cibrao das Viñas

Data: 24 de setembro

Programa:

10:00 – 10:15 Inauguración
Manuel Varela Rey, Director da Axencia Galega de Innovación
Ricardo Capilla Pueyo, Director da Tecnópole

10:15 – 11:00 Novo mapa de instrumentos de apoio a empresas innovadoras da Axencia Galega de Innovación
Representante da Axencia Galega de Innovación

Instrumentos de apoio ás PEMES galegas do IGAPE
Representante do IGAPE

11:00 – 12:00 Presentación das novas convocatorias: CONECTA PEMES e BONOS DE INNOVACIÓN, unha visión práctica
Representante da Axencia Galega de Innovación

Reunións bilaterais con técnicos de GAIN

A xornada terá un carácter eminentemente práctico, no cal se presentarán as características destas dúas novas convocatorias da Axencia GAIN de apoio ás empresas a través de exemplos e se dará resposta ás dúbidas que puideran ter os asistentes.

Durante a xornada terá a posibilidade de manter unha reunión bilateral con persoal da Axencia Galega de Innovación para resolver as posibles dúbidas que poidera ter. Se está interesado, deberá indicalo no formulario de inscrición online e enviar cuberta a ficha de proxecto antes do día 20 de setembro.

É precisa a inscrición a través deste formulario online no que poderá indicar se está interesado en manter unha reunión bilateral cos técnicos de GAIN. Neste caso, deberá remitir cumprimentada a Ficha de Información da Idea de Proxecto antes do día 20 de setembro ao mencionado correo (difusion.gain@xunta.es).

En caso de calquera dúbida, pode contactar a través do correo difusion.gain@xunta.es