A Axencia Galega de Innovación é galardonada co "Premio Nacional de Innovación 2016"

2016-07-22
  • Estos galardóns fomentan a cultura da innovación en España, tanto no ámbito empresarial como no conxunto da sociedade

22 de xullo de 2016.- A Secretaría de Estado de I+D+i do Ministerio de Economía e Competitividade fallou os Premios Nacionais de Innovación 2016, que recaeron na Axencia Galega de Innovación na modalidade “Compra Pública Innovadora”, no empresario Carlos Mouro González na modalidade “Traxectoria Innovadora”, e na empresa Cosentino na modalidade de “Internacionalización”.

Estes premios recoñecen a innovación como factor esencial para o incremento da competitividade das empresas e o rendemento económico, así como para a mellora da calidade de vida das persoas. Os Premios Nacionais de Innovación tratan de fomentar a cultura da innovación en España, tanto no ámbito empresarial como no conxunto da sociedade en xeral.

Axencia Galega de Innovación

É o organismo autonómico de Galicia que lidera as políticas de innovación e desenvolvemento para o incremento da competitividade. Ademais fomenta a I+D a través de programas específicos e da Compra Pública Innovadora en toda a Rexión.

O xurado considera que soubo integrar a capacidade de estímulo do tecido produtivo mediante a contratación pública coa oportunidade que ofrecían a existencia dunha infraestrutura pública en Galicia, as condicións favorables para o desenvolvemento das actividades aeroespaciais experimentais e o carácter estratéxico do desenvolvemento de sistemas aéreos non tripulados. Así mesmo resaltouse o alto contido pedagóxico para outras administracións públicas no impulso da utilización dun procedemento xurídico creativo e novo que se prefigura como unha magnífica ferramenta para o estímulo da innovación en España.

Xurado

O xurado estivo presidido pola secretaria xeral de Ciencia e Innovación, María Luisa Poncela, e os seus membros foron María Helena Antolín Raybaud, Maria Luisa Castaño Marín, Helena Ferreiro Çtarkie, Alejandro Legarda Zaragüeta, Francisco Marin García e José Ignacio Nicolás Correa.