Programa Ignicia

Programa: IGNICIA Proba de Concepto
Data de publicación no DOG: 19/02/2021
Código de procedemento: IN855A
Prazo de presentación de solicitudes: 20/02/2021 – 22/03/2021

Resolución do 9 de febreiro de 2021 pola que se establecen as condicións xerais do programa IGNICIA Proba de Concepto e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento IN855A).

Tipos de proxectos e custos financiables:

O programa apoiará aqueles proxectos que aborden probas ou actuacións posteriores á obtención do resultado de investigación que se pretende explotar e que permitan validar unha tecnoloxía en condicións reais ou cuasi reais.

Os proxectos presentados deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Estar situados nun TRL4 ou superior. (Niveis de Madurez da Tecnoloxía)
  • Ter a capacidade de xerar resultados con aplicación na sociedade; estes resultados deberán ter potencial comercial e xerar retornos suficientes de acordo coas bases da convocatoria, independentemente do prazo no que estes se produzan.

No ámbito destes proxectos financiaranse os custos marxinais precisos para desenvolver as aplicacións comerciais dos proxectos seleccionados (validación técnica, estudos de mercado, análise de oportunidades comerciais e de negocio, contratación de persoal especializado, ...)

Documentación xeral

Modelos fase de investimento

Para máis información
  • Correo electrónico: servizos.gain@xunta.gal
  • Teléfonos de contacto: 981 54 10 73, 981 54 10 76 e 981 95 73 93

Máis información sobre o programa e os proxectos apoiados en anteriores convocatorias*

Proxectos apoiados nesta convocatoria
  • IN855A 2021/04. CELIA – Intelixencia conversacional para asistentes orientados a linguaxe. Entidade beneficiaria: Universidade de Vigo. Importe concedido: 388.000€
  • IN855A 2021/06. TRAFFIKGENE – Novos vehículos peptídicos para aplicación en terapia xénica. Entidade beneficiaria: Universidade de Santiago de Compostela. Importe concedido: 490.200€
  • IN855A 2021/09. ECOBONE – Implantes óseos avanzados mediante tecnoloxía supercrítica. Entidade beneficiaria: Universidade de Santiago de Compostela. Importe concedido: 290.000€
  • IN855A 2021/11 – SURFACORN – Aplicación do extracto biosurfactante obtido dos licores de lavado de millo para usos cosméticos e farmacéuticos. Entidade beneficiaria: Universidade de Vigo. Importe concedido: 358.000€
  • IN855A 2021/13 – CANTHER – Desenvolvemento dun fármaco dirixido contra a degradación de proteínas para o tratamento de metástase de carcinoma. Entidade beneficiaria: Fundación Profesor Novoa Santos. Importe concedido: 576.500€
  • IN855A 2021/26. FRONTIER – Fibra óptica recuberta de metal de alta estabilidade para o monitoreo distribuído de infraestrutura de alta temperatura. Entidade beneficiaria: Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste – AIMEN. Importe concedido: 249.394€
  • IN855A 2021/27. SENSE UAV – Módulo anti-colisión multisensor integrado en UAVs. Entidade beneficiaria: Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicación de Galicia – GRADIANT.. Importe concedido: 447.906€